Deportes

Un derbi sempre é un derbi

O Cidade As Burgas e o Ourense Envialia enfróntanse este sábado 2 de maio na cancha central dos Remedios a partir das 17 horas.

O COB fai soñar coa ACB

O Club Ourense Baloncesto fai soñar á cidade das Burgas coa ACB. O equipo dirixido por Gonzalo García de Vitoria venceu a Melilla en dous partidos na primeira eliminatoria do playoff de ascenso á máxima categoría do baloncesto español.

Dous partidos en tres días para a Unión Deportiva Ourense

A Unión Deportiva Ourense afronta en tres días dous partidos para saber as súas posibilidades de disputar a final da Copa Deputación B e de se rematan a Liga con pleno de vitorias.

Unha máis para o saco

A Unión Deportiva Ourense suma a vitoria número 25 e está a dous do pleno.

Inscricións abertas na carreira popular de Ribadavia

Ata o 29 de abril están abertas as inscricións para participar na carreira popular de Ribadavia «Feira do Viño do Ribeiro». A proba terá lugar o domingo 3 de maio.

Un punto para a Copa

O Cidade As Burgas está a un punto para certificar matematicamente o seu billete para o próxima Copa de España.

A UD quédase coa marca e o escudo do CD Ourense

O partido contra o Parada de Sil disputarase este sábado ás 18.30 horas no estadio do Couto. Recibirán o título de campión de Liga.

O COB vela armas para o encontro desta tarde

Chega a hora dos play offs. O Club Ourense Baloncesto encontrase coa historia despois de 13 anos. Hoxe ás 21 horas no Paco Paz, primeira eliminatoria de ascenso á ACB: COB – Melilla.