Quedou constituído o Consorcio Provincial contra incendios

O ente ten como obxectivo “homoxeneizar o servizo e cubrir todo o territorio da provincia de Ourense, así como traballar coordinados deputación e Xunta para seguir mellorando en eficacia e xestión este importante servizo a prol dos cidadáns”, explicou o presidente da Deputación.









