Provincia

Amigos da Terra denuncia a destrución do patrimonio forestal na Ribeira Sacra

Tala na Ribeira Sacra

De desfeita medioambiental tachan a «corta a feito da mellor colección de árbores existente en pleno corazón da Ribeira Sacra ourensá», moi preto de Santo Estevo de Rivas de Sil e ao carón do lugar de interese comunitario «Canóns do Sil».

Educación e Deputación colaborarán na mellora de 46 centros de ensino ourensáns

Román Rodríguez e Manuel Baltar

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, e mailo presidente da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar, asinaron un protocolo de colaboración para a posta en marcha de medio cento de intervencións de mellora en 46 colexios públicos de 36 concellos da provincia de Ourense, que supoñen un investimento de 848.000 euros ao longo deste ano.

Amigos da Terra analiza as novas alternativas rurais

Baixo o título “Loitas ambientais, alternativas rurais” a asociación ecoloxista propón este sábado unha xornada de conferencias no centro de educación ambiental das Corcerizas.