Provincia

I Aerobithon ‘Piscina Climatizada de Verín’

O sábado 7 de marzo o Pavillón Municipal de Deportes de Verín acollerá este evento deportivo, que permitirá amosar aos participantes no mesmo as diferentes disciplinas aeróbicas dirixidas que se ofertan na instalación da capital de Monterrei.

O Concello de Verín remodela as pistas de pádel do complexo da Granxa

Tiveron que ser remodeladas segundo a normativa da Federación Española de Pádel co obxecto de cumprir coas medidas regulamentarias e os requisitos esixidos durante o seu proceso de construción.

A Deputación promove “Saborea Ourense”

Consistirá nun novo portal web para promocionar a gastronomía da provincia dende o punto de vista histórico, etnográfico e culinario.

Concello e colexio Padre Feijoo de Allariz colaborarán na execución dun programa de reciclaxe

O alcalde, Francisco García, máis o concelleiro de Medio Ambiente, Bernardo Varela reuníronse, o pasado martes, coa dirección do colexio Padre Feijó de Allariz para trasladarlle a proposta de colaboración municipal para a implantación no colexio dos obxectivos do programa de separación de lixo e aproveitamento do mesmo.

Feijoo anuncia para Ourense unha aceleradora para pemes innovadoras

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou no Consello da Xunta a creación de dúas novas aceleradoras para pemes innovadoras e empresas de base tecnolóxica galegas en fase de consolidación, que se ubicarán nas provincias que non contaban con ningún ata o de agora, Lugo e Ourense.

Rematan os tres obradoiros de emprego organizados na comarca de Celanova

O delegado territorial da Xunta en Ourense participou no acto de clausura dos programas mixtos de formación e emprego “San Rosendo segue o camiño”, “Río Arnoia I” e “Terras de Celanova III”.