Verín contará cunha nova oficina de emprego

Verín contará cunha nova oficina de emprego

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, desprazouse ao Concello de Verín, onde anunciou que as obras da nova oficina de emprego da localidade, que dará servizo a outros oito concellos -Castrelo do Val, A Gudiña, Laza, A Mezquita, Monterrei, Oímbra, Riós e Vilardevós- arrancarán este ano. A Xunta investiu un total de […]

Verín oferta 32 prazas de emprego público

Verín oferta 32 prazas de emprego público

As 27 baixas definitivas ou ceses por xubilación desde o ano 2015 deixou ao Concello de Verín cun alarmante déficit de técnicos e traballadores especializados que lle impiden abordar novos proxectos. Actualmente so conta con tres funcionarios de nivel A1, concentrados nas áreas de Urbanismo e Secretaría, e carece, por exemplo, de informático ou especialista […]

Dous obradoiros promoven o emprego xuvenil na provincia

Dous obradoiros promoven o emprego xuvenil na provincia

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, visitou, acompañado do presidente da Mancomunidade de Verín, José Luís Suárez, e o alcalde de Verín, Gerardo Seoane, as instalacións do obradoiro de emprego “Mocidade da Mancomunidade V”, neste caso, á sede da Mancomunidade, onde o seu módulo de atención socio sanitaria en institucións sociais se […]

Clausurado o obradoiro de emprego «Támega IV»

Clausurado o obradoiro de emprego «Támega IV»

A Xunta de Galicia clausurou o obradoiro de emprego «Támega IV» no que se formaron 20 desempregados durante os últimos nove meses. A Consellería de Economía, Emprego e Industria entregou os diplomas aos 20 alumnos que se formaron no obradoiro que compartiron os concellos de Monterrei, Castrelo do Val, Cualedro, Oímbra, Vilardevós e Laza. A […]

20 desempregados fórmanse en traballos forestais en Celanova

20 desempregados fórmanse en traballos forestais en Celanova

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, visitou o obradoiro de emprego “Bioleboreiro” que se está a desenvolver nos concellos ourensáns de Celanova, Bande e Verea e que conta con 20 alumnos. Deste programa mixto de formación e emprego tamén se benefician outras 5 persoas destes concellos que forman parte do persoal […]

A primeira edición da feira de emprego Orienta Iuris, este venres

Microcharlas, conferencias e stands institucionais son as principais propostas do programa de Orienta Iuris, a Feira de Emprego Xurídico de Galicia e Norte de Portugal que celebrará a súa primeira edición o 25 de novembro na Facultade de Dereito do campus de Ourense. O evento, coorganizado pola propia Facultade e o Concello de Ourense, nace […]

Nace Orienta Iuris, a primeira feira especializada en emprego xurídico de Galicia e Norte de Portugal

Nace Orienta Iuris, a primeira feira especializada en emprego xurídico de Galicia e Norte de Portugal

A Facultade de Dereito do campus de Ourense da Universidade de Vigo acollerá o próximo 25 de novembro a I Feira de Emprego Xurídico de Galicia e Norte de Portugal, coorganizada polo propio centro e o Concello de Ourense. Orienta Iuris concíbese como un punto de encontro no que entidades, estudantes, titulados e profesionais do […]

O Concello outorga máis de 100.000 euros en axudas para a rehabilitación de vivendas

O Concello outorga máis de 100.000 euros en axudas para a rehabilitación de vivendas

O Concello de Ourense vén de outorgar, en Xunta de Goberno local, cinco subvencións correspondentes ás solicitudes de axuda á rehabilitación da ARRU (Axudas á Rexeneración e Reurbanización Urbana, as antigas ARI) de Polvorín – Camelias – Carballeira. En total, concédense 102.109 euros para melloras en vivendas (ascensores, rehabilitacións de elementos comúns, instalación de extintores, […]

O programa «Ourense Emprega» formará 60 persoas paradas

O Concello de Ourense, en colaboración coa Xunta de Galicia, porá en marcha un programa integrado de emprego e formación Ourense Emprega dirixido a persoas demandantes de emprego na cidade. E sta iniciativa dará cobertura, durante un ano, a 60 persoas desempregadas cun obxectivo de inserción laboral do 35%, garantindo que 21 persoas atopen traballo. […]

92 millóns de superávit na industria agroalimentaria de Ourense

92 millóns de superávit na industria agroalimentaria de Ourense

A industria agroalimentaria da provincia de Ourense xera 92 millóns de euros de superávit comercial, significándose como actividade clave da economía ourensá. Así o reflicte o último estudo do Observatorio Económico Ourensán, unha ferramenta que a Deputación desenvolve para a análise económica, laboral, empresarial e social da situación económica da provincia nas súas comarcas. O […]