O PSdeG de Maceda pide a continuidade da gardería e acollida en agosto
A concelleira socialista Ana María Rodríguez Blanco anuncia a presentación dunha moción no próximo pleno ordinario, programado para este mes, sobre o servizo de gardería. “Cómpre facilitar a conciliación laboral e familiar en agosto coa apertura da gardería e da acollida demandada por xente nova, -declara- petición rexeitada polo goberno municipal trala reclamación das familias”. […]