Comezan os estudos xeotécnicos da estación de autobuses intermodal

Co anuncio realizado este mesmo mércores por parte da Xunta ratifícase o compromiso firme coa estación intermodal de Ourense. “Non se trata de debuxar proxectos nun powerpoint, se trata de asinar compromisos por escrito e executalos, que é o máis importante. Os proxectos máis importantes para a cidade están en marcha”, sinala o alcalde, Jesús […]

Comezan os traballos topográficos para redactar o proxecto da nova terminal de autobuses

A empresa PROYFE, S.L., adxudicataria do contrato de redacción do proxecto construtivo da nova estación de autobuses de Ourense, integrada na terminal de ferrocarril e polo tanto, intermodal, comezou os traballos topográficos  sobre o terreo para avanzar no seu cometido. A redacción do proxecto construtivo  supón un investimento de máis de 103.500 euros e conta […]

PSOE e OUeC cuestionan o proxecto da nova estación de autobuses

PSOE e OUeC cuestionan o proxecto da nova estación de autobuses

Os grupos municipais socialista e de Ourense en Común poñen en cuestión a decisión da Xunta de Galicia de adxudicar o proxecto da nova estación de autobuses ao carón da futura estación intermodal de Ourense. O PSOE volve reiterar “o seu rexeitamento absoluto ante un proxecto que non cumpre as esixencias marcadas e que responde […]

A Xunta adxudica a redacción da nova terminal de autobuses

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda vén de adxudicar a redacción do proxecto da terminal de autobuses integrada na estación intermodal de Ourense. A empresa adxudicataria é PROYFE S.L, que será a encargada de realizar os citados traballos, cun prazo de execución de seis meses e por un importe de 103.577,60 euros. O obxectivo deste […]