O comité de empresa de LINORSA manterá mañá venres 9 de setembro ás 12 horas unha reunión co alcalde de Ourense Jesús Vázquez no seu despacho da consistorial. A entrevista, a petición da traballadoras, servirá para aclarar a situación na que se encontra actualmente o expediente de concesión da contrata de limpeza de centros de […]
Traballadoras de Linorsa e dirixentes sindicais volveron concentrarse na mañá deste martes diante do Concello de Ourense para reclamar o pago dos seus salarios. O administrador concursal dera o pasado venres orde de pago, “pero eses pagos seguen sen chegar”, recoñecía o alcalde. Esta mesma mañá Jesús Vázquez volveu falar co administrador da empresa, que […]
Por redaccion el Comentarios desactivados en Apróbase o expediente para contratar o servizo de limpeza de centros educativoscolexios, limpeza, linorsa
A Xunta de Goberno local deste xoves aprobou o expediente para contratar, mediante procedemento aberto, o servizo de limpeza de centros educativos, coa correspondente aprobación das cláusulas administrativas e técnicas. O Concello de Ourense prevé destinar a este servizo un total de 1,7 millóns de euros en tres anualidades, repartidas en 354.635 euros en 2016, […]
Por redaccion el Comentarios desactivados en O BNG pide a remunicipalización do servizo de limpeza dos colexios públicosBNG, informe, linorsa, xurídico
No pleno de novembro de 2014 e tras unha folga das traballadoras da empresa concesionaria da limpeza dos centros escolares, Linorsa, o BNG levaba a debate a esixencia ao goberno do PsdG-PSOE de sancionar a dita empresa, impedir a prórroga do contrato e incluír nas novas contratacións cláusulas que faculten ao Concello de Ourense a […]
Tanto PSOE como Ourense en Común veñen de presentar en rexistro algunhas das mocións que se debaterán no pleno deste mes de maio. Linorsa, as Festas da Ponte e os herbicidas tóxicos estarán entre os asuntos a tratar. Linorsa No próximo pleno os socialistas tamén queren tratar co grupo de goberno o problema de Linorsa, […]
Por redaccion el Comentarios desactivados en O Concello proporá ao administrador concursal de Linorsa que regularice os pagos ou que rescinda a concesiónacredores, concurso, limpeza, linorsa
O alcalde de Ourense mantivo este martes unha xuntanza con representantes dos traballadores de Linorsa, a empresa concesionaria da limpeza dos colexios públicos da cidade e que vén de presentar concurso voluntario de acredores. Na reunión, o rexedor informou das dúas alternativas que ve para solucionar o conflicto laboral que ten provocado que a empresa […]
Por redaccion el Comentarios desactivados en O conflito de Linorsa, en situación de impasse trala declaración de concurso de acredoresacredores, concurso, limpeza, linorsa
O alcalde de Ourense reunirase este martes de novo comité de empresa de Linorsa. Coa dirección falou este luns “para que aclarara a situación”, logo de coñecerse que o pasado 19 de abril presentou concurso voluntario de acredores. Pero a partir de agora con quen tratará é co administrador concursal, a quen xa lle solicitou […]
Dous meses e medio levan sen cobrar as traballadoras de Linorsa na nosa cidade. E sen visos de que o conflicto laboral se solucione. O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, declarou este mércores que “non hai ningún avance”, pois á última xuntanza tan só acudiu a representación dos traballadores, non a parte empresarial. O Concello […]
Na reunión que durante algo máis dunha hora mantiveron o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, e a concelleira de Educación, Belén Iglesias, co comité de empresa de Linorsa (empresa concesionaria dende 2012 do servizo de limpeza nos colexios públicos da cidade), o rexedor explicoulles aos representantes dos traballadores as conversas que mantivo a semana pasada […]
Jesús Vázquez confirmou este xoves que a empresa Linorsa procedeu ao pago da nómina de febreiro ás traballadoras que realizan a limpeza dos colexios públicos da cidade. “Hoxe a presidenta do comité nolo fixo saber”, explicou o alcalde na rolda de prensa trala Xunta de Goberno local. A empresa adebeda aínda 15 días de salario […]