07A Asociación Cultural Rebulir adapta o Entroido ao interior das casas. A Asociación Cultural Rebulir, con sede en Ramirás, organiza para esta fin de semana unha versión virtual do tradicional Entroido. O obxectivo é manter viva esta celebración no ano 2021, onde polas restriccións derivadas da COVID-19 terá que desenvolverse en interiores e coas persoas […]
A Gala do FIR 2020 foi seguida en directo desde máis de 1.000 conexións de internet. Ademais, ás actividades paralelas do Festival tiveron moi boa aceptación por parte da veciñanza e das seguidoras/es nas plataformas virtuais. A Dirección do FIR mantén un balance moi positivo desta XV edición que cumpliu con todas as medidas requeridas […]
A Asociación Cultural Rebulir xa está ultimando os preparativos da XV edición do FIR (Festival Internacional Rebulir). Entre os días 17 e 20 de decembro poderase disfrutar dunha ampla programación que neste 2020, e dadas as circunstancias derivadas da COVID-19, tivo que ser adaptada para evitar o contacto físico e a coincidencia masiva de persoas. […]
A XIV edición do Festival Internacional Rebulir (FIR) mergullará a Ourense na cultura de raíz, do 19 ao 22 de decembro, cun amplo programa de actividades que se desenvolverá baixo o lema “Cultura ata a medula”, dedicada aos doadores de medula ósea. Rebulir volverá a achegar mostras da cultura e da tradición a tódolos públicos, […]
Aínda que remataron as labores docentes en Rebulir, a actividade desta asociación non para no verán, xa que o seu grupo oficial está a preparar unha Gala titulada «O Cantar do Arriero» que será levada ao Palau Nacional de Andorra o día 20 de Xullo, para logo continuar con actuacións en diferentes festivais en Toulousse […]
O concello de Ramirás convértese, un ano máis, no berce do Festival Internacional Rebulir (FIR), que arrancou hoxe a súa undécima edición avogando, como leva facendo dende os seus inicios, pola música de raíz. O certame, organizado pola Asociación Cultural Rebulir, o Concello de Ramirás e a Deputación de Ourense, co apoio da Xunta de […]
Este 1 de outubro comeza un novo curso na Asociación Rebulir, que coa colaboración do Concello de Ramirás, ten preparado un amplo abano de actividades, entre as que se atopan o Festival Internacional Rebulir que terá lugar no mes de decembro, ou a Noite de Fiadeiro que se celebra chegada a primavera. As principais novidades […]
O 3 de xullo na área recreativa A Pontenova de Ramirás, celébrase a Romaría Rebuldeira, coa que Rebulir pecha o curso. Desde o mediodía ata a noite, haberá xantar, xogos, actuacións da Escola de Baile e Música Tradicional Rebulir, contacontos a cargo de María da Pontragha, e concerto das pandereteiras Bouba.
No número de xuño do periódico Barrios facemos balance dun ano de mandato en Verín, Xinzo, Allariz e Celanova. O que deu de si este primeiro ano de goberno nas vilas de Xinzo, Verín, Celanova e Allariz, valorado polos seus alcaldes e voceiros da oposición, é un dos contidos centrais do número do mes de […]
A pesar de que as previsións meteorolóxicas non acompañan, dende a Asociación Cultural e Xuvenil Rebulir seguen a ultimar os detalles da súa X Noite de Fiadeiro, que se festexará en Vilavidal (Ramirás) este sábado 28 de maio. Cita para a que xa teñen preparada unha gran carpa de 300 metros cadrados baixo a que […]