O subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González, e o presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), José Antonio Quiroga, copresidiron a reunión da Comisión de Seguimento do Barbaña, que se celebrou na Subdelegación do Goberno. Ao encontro tamén asistiron os alcaldes de San Cibrao das Viñas e Pereiro de Aguiar; representantes do Concello de […]
Os concellos de Ourense e de San Cibrao das Viñas xa poden coñecer o seu límite xeográfico exacto. Técnicos do Instituto Xeográfico Nacional (IGN, do seu nome en castelán) presentaron, no salón de plenos, as conclusións dos traballos técnicos de recuperación e replanteo da liña do límite xurisdicional entre ambos concellos, xa que as actas […]
A Xunta, a través da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, acaba de licitar por importe de case 3,6 millóns de euros as obras de mellora do firme e do reforzo da seguridade viaria do treito autonómico da estrada N-525, na contorna dos polígonos empresariais de San Cibrao das Viñas e de Barreiros. A conselleira de […]
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o alcalde de San Cibrao das Viñas, Manuel Pedro Fernández, asinaron no Pazo Provincial un convenio de colaboración entre ámbalas dúas administracións, acordo que permitirá dotar de céspede artificial ao campo de fútbol de Soutopenedo, unha actuación para a que a institución provincial achega un total […]
A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, supervisou o inicio das obras da conexión entre o polígono de San Cibrao das Viñas e a A-52, cun investimento de máis de 21,8 millóns de euros, que estará ao servizo dos veciños a mediados de 2020 e suporá un novo pulo para a promoción económica da […]
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, a delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, visitaron hoxe o concello de San Cibrao das Viñas, xunto co seu alcalde, Manuel Pedro Fernández, para comprobar o resultado da mellora da accesibilidade dun dos seus principais recursos turísticos, a área recreativa da Boutureira. Esta intervención […]
A Consellería de Infraestruturas e Vivenda publicou este luns no Diario Oficial de Galicia (DOG) a aprobación do expediente de información pública e do proxecto de trazado e o estudo de impacto ambiental da vía de conexión da A-52 co polígono industrial de San Cibrao das Viñas. A Xunta dá un paso máis na tramitación […]
O director xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces, realizou este mércores unha visita ás instalacións do parque empresarial de San Cibrao das Viñas, onde subliñou o papel estratéxico que xogan estas instalacións para favorecer o impulso da actividade na comarca ourensá, ao tempo que impulsa a competitividade do tecido empresarial. Durante a visita, […]
O Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) participará na iniciativa “San Cibrao, o Polígono nunca visto”, que se celebrará durante os dous próximos días no recinto feiral Expourense. O Instituto achegará ás pemes e emprendedores ourensáns os seus servizos e programas de apoio á actividade empresarial, a través do espazo expositivo propio co que contará […]
Por redaccion el Comentarios desactivados en Superalimentos, unha pulseira intelixente e un robot almacenador, entre as achegas de Tecnópole a “O Polígono nunca visto”empresas, exposición, polígono, San Cibrao, tecnópole
O Parque Tecnolóxico de Galicia súmase á celebración do 50 aniversario do Polígono de San Cibrao compartindo o seu stand na exposición “O Polígono nunca visto” con trece das súas empresas para que mostren os seus produtos e servizos máis innovadores. Novidosas gamas de superalimentos e prendas infantís, unha pulseira intelixente, un robot almacenador, dispositivos […]