A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, participou na Confederación Empresarial de Ourense (CEO) nunha xornada informativa cos empresarios na que lles expuxo as axudas e servizos que a Administración autonómica ten a súa disposición para impulsar en Galicia o emprego e a innovación. Así mesmo, na xuntanza, Toca puido coñecer as demandas do tecido […]
A Xunta de Galicia está a impulsar no concello de Cenlle un proxecto pioneiro coa construción de seis vivendas públicas modulares que estarán rematadas o vindeiro ano e que contribuirán a fixar poboación neste municipio do rural galego. A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, e a delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol […]
A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, visitou o centro sociocomunitario Ourense Centro e participou na apertura da segunda edición do programa “A saúde bucodental non é cuestión de idade” dirixido ás persoas maiores co obxectivo de fomentar hábitos de hixiene bucodental. Díaz Mouteira, acompañada da xefa territorial da Consellería de Sanidade, […]
A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, visitou as instalacións do CEIP Vistahermosa emprazado no barrio do mesmo nome da cidade das Burgas. Neste centro a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria executou obras de mellora por valor de 55.000 euros. Díaz Mouteira durante a visita, na que estivo acompañada pola […]
A Consellería do Medio Rural desenvolverá un plan específico para o pastoreo no macizo central ourensán que estará dotado cun orzamento duns 800.000 euros e que posibilitará a ordenación e posta en valor deste aproveitamento en toda a zona, así como a mellora na loita contra os incendios forestais. Así o destacou a conselleira do […]
A Xunta de Galicia e o Grupo Cuevas asinaron un acordo de adhesión da empresa ourensán no programa Tarxeta Benvida. Este acordo supón que Grupo Cuevas aplicará un 3% de desconto en todas as compras realizadas nos puntos de venda Aquié, Aquí e Plenus. Dito desconto será redimible polo cliente a través dun cupón que […]
A Xunta de Galicia organiza por primeira vez un campamento xuvenil no Parque Natural do Invernadoiro. Trátase dunha das novidades que introduce o convenio de colaboración asinado entre as consellerías de Medio Ambiente e Política Social para a posta en marcha de actividades para a organización e o desenvolvemento conxunto de actividades de conservación, protección […]
A Xunta promoverá a Economía Social en Xantar 2017, o 18º Salón Internacional de Turismo Gastronómico que se celebrará do 1 ao 5 de febreiro no recinto de Feiras e Exposicións de Ourense. A Consellería de Economía, Emprego e Industria, en colaboración co Consello Galego de Cooperativas, estará presente cun stand institucional co obxecto de […]
A Xunta de Galicia organiza un concurso para os estudantes de ESO e Bacharelato sobre a separación dos residuos e a reciclaxe da campaña Oportunidades Galicia. A directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, Mª Cruz Ferreira, presentou, xunto á Delegada da Xunta en Ourense, Marisol Díaz, esta iniciativa no colexio plurilingüe Divina Pastora. […]
Os concellos da provincia de Ourense van percibir este ano axudas da Secretaría Xeral da Igualdade por importe de 540.555 euros, para a posta en marcha de iniciativas en tres liñas de actuación: a prevención e tratamento integral da violencia de xénero, o fomento da conciliación e o apoio aos Centros de Información ás Mulleres. […]