Tamén foi muller o último bebé de 2014 nos hospitais ourensáns.

 

Ás 3:20 da madrugada deste 1 de xaneiro viña a este mundo a primeira nena da provincia de Ourense neste 2015. A cativa, que pesou 3,150 kg ao nacer, chámase Carmen e é filla de dous veciños da cidade, Vanesa e Diego.

Tamén foi rapaza a última ourensá en nacer no 2014. Lucía, de 2,905 kg de peso, naceu na tarde do 31, e os seus afortunados pais son Daniela e Víctor, veciños de Xinzo de Limia.

Lucía foi a última dos 1.550 nacementos producidos no complexo hospitalario ourensán o pasado ano. Unha media de 4,28 nacementos ao día, cifra que non deixou de baixar desde 2008, cando se producían 4,98 nacementos ao día e un total de 1.824 no conxunto daquel ano.

Dos partos atendidos en 2014 no CHUO, o 50,30% foron de homes e o 49,70% de mulleres. 31 deles foron de xemelgos.