O 6 de xaneiro, ás 20 horas, a igrexa da Mercé de Verín acollerá o XXI Concerto de Reis, organizado pola Asociación Verinense de Amigos da Música.

 

Durante o mesmo, no que colaboran a Comunidade Mercedaria e o Concello de Verín, a Coral de Verín interpretará panxoliñas tradicionais que foron adaptadas e arranxadas polo seu director Edelmiro Mateo. Este concerto, que xa acadou a súa vixésimo primeira edición, clausura o ciclo de actividades lúdicas e musicais programadas polo Concello de Verín e a Asociación de Empresarios de Verín-Centro Comercial Urbano Verín (AEVER-CCU Verín) para as xornadas de Nadal e Reis en Verín.

Por outra banda, o 7 de xaneiro finaliza a sétima edición de ‘Ludonadal’, unha ludoteca dirixida a menores entre os 3 e 10 anos, e destinada a incentivar económicamente o comercio tradicional na localidade, facilitar a conciliación dos pais e nais e proporcionar aos cativos un espazo de lecer durante as vacacións de Nadal.