Anova Ourense pide ao Concello de Ourense que pendure unha bandeira multicor durante a próxima semana, como acto de visibilización das reivindicacións do colectivo LGTBI.
Anova Ourense vén de presentar por rexistro unha solicitude ao Concello de Ourense para que amose o seu compromiso co movemento LGTBI e as súas reivindicacións pendurando a próxima semana a bandeira arcoiris no balcón da casa consistorial.
A formación nacionalista fai esta petición coincidindo coa celebración do Día do Orgullo Gay o próximo domingo 28 de xuño, data na que se conmemora as revoltas de 1969 en Greenwich Village (Nova York) nas que a comunidade homosexual neoyorkina se enfrontou á opresión e persecución, tanto social como institucional, de persoas gais, lesbianas e transexuais.
46 anos despois deste fito histórico na loita contra os dereitos humanos Anova Ourense quere poñer o seu gran de area para visibilizar as demandas e a problemática do colectivo LGTBI. Desde Anova Ourense denuncian que as persoas do colectivo LGTBI, a día de hoxe, «seguen a sufrir acoso por parte da sociedade, xa sexa en escolas e institutos, nos seus lugares de traballo, nas súas propias familias ou na mesma rúa». E por isto reclaman das insitucións púbicas como o Concello de Ourense que poñan en marcha os medios económicos e humáns para facer efectiva unha verdadeira lei contra a LGTBIfobia.
«Anova Ourense quere transmitir a todo o colectivo LGTBI que non está só, e que desde a nosa humilde posición seguiremos traballando para que podan vivir a vida con naturalidade e igualdade», sinalan nun comunicado.