Para os socialistas “enfrontámonos á indiferenza e á incompetencia do alcalde e dos seus concelleiros para facer fronte ao traballo que lles corresponde”.
A voceira do partido socialista en San Amaro, Chus Carrasco, denuncia a “falta de interese e a desidia” do alcalde da localidade polas obras que se están a realizar nos últimos meses neste Concello e nas localidades de Cenlle e Punxín, para o abastecemento de agua potable, pola entidade Augas de Galicia. A edil destaca que esta obra implica a apertura de zanxas, desmontes, desterros, maquinaria pesada polas rúas, acumulación de escombros, entre outras accións. Este conxunto de traballos fan que sexa catalogada coma unha “obra de envergadura e non soamente debido ao seu elevado custo”, explica. Carrasco sinala que estas melloras orixinan aos veciños do Concello numerosos trastornos e inconvintes polo que se están promover numerosas queixas “sen que recibiran ningunha resposta satisfactoria por parte do Concello”, denuncia.
“Enfrontámonos á indiferenza, e mesmo, á incompetencia do alcalde e dos seus concelleiros de goberno, para facer fronte ao traballo que lles corresponde, tanto de inspección coma de vixianza na calidade do proxecto coma na da mesma obra, que se está a acometer no Concello de San Amaro”.
Como consecuencia, os socialistas póñense a disposición dos veciños para trasladar as súas peticións e queixas.