Os sindicatos CESM-OMEGA convocaron unha xornada de folga médica no Complexo Hospitalario de Ourense para o próximo 13 de outubro.
Ante a convocatoria, parte dos sindicatos CESM-OMEGA, para o o vindeiro día 13 de outubro, dunha xonrada de folga dos facultativos, en repulsa das deficiencias que sofre a sanidade ourensá; a direccion do CHUO manifestou a súa “plena disposición ao dialogo, para evitar que este paro afecte á actividade asistencial e especialmente aos pacientes”.
E lamenta que o conflito xurdido ante a discrepancia pola cobertura das gardas dun colectivo concreto, “se pretenda estender agora a aspectos que nin tan sequera se chegaron a abordar nas comisións de centro, ou incluso sobre os que existe un compromiso previo de acordo”.
Non obstante, reitera a súa disposición a acadar un acordo, tanto con sindicatos como cos propios profesionais. De feito, adianta que o vindeiro martes reunirase cos responsables de servizo e sección para coñecer de primeira man as súas opinións.