Esta reforma responde a unha demanda dos veciños das Vivendas de Promoción Pública ubicadas xunto á Estación de Autobuses.

Este 8 de outubro deron comezo os traballos de mellora e impermeabilización da zona central da Praza 200 situada nas Vivendas de Promoción Pública xunto á Estación de Autobuses. As obras solicitadas nos últimos tempos por parte da asociación veciñal As Termas ao Concello responden a unha demanda dos veciños que residen na zona.

Dende a este colectivo destacan que a insistencia que tiveron durante os últimos anos para defender esta demanda dos veciños do barrio fixo posible que hoxe sexa realidade. En palabras do presidente da asociación, Ángel Gómez: “Estas obras e o recentemente reformado parque infantil son a demostración de que mediante a unión e a participación activa dos veciños é posible conseguir melloras para os barrios”.