A partir de novembro implantarase o programa «Música Integra» dirixido a persoas adultas con diversidade funcional.
A Escola de Música de Barbadás porá en marcha o no mes de novembro un proxecto denominado «Musica Integra» coa finalidade de ampliar a oferta musical ás persoas con diversidade funcional.
Este programa, que por primeira vez se leva a cabo, pretende achegar a música dun xeito lúdico e activo as persoas que participen do programa; ao tempo que fomenta o achegamento e a aprendizaxe instrumental para conseguir a inclusión da diversidade dentro das distintas formacións ou grupos musicais que hai na escola; visibilizando positivamente a inclusión e normalización musical e social dos seus participantes.
A concelleira de Cultura, Ánxela González, sinala que esta foi unha proposta que partiu do propio profesorado da escola e que en todo momento obtivo o respaldo e apoio da Concellaría de Cultura . «Queremos potenciar o valor social da escola favorecendo que todas e todos nos poidamos beneficiar do que ali se fai. Para nós é unha prioridade facer políticas sociais e inclusivas», sinalou
O prazo de inscrición abriráse o día 16 de outubro e as solicitudes poderanse descargar na páxina web do concello de Barbadás ou ben recoller nas oficinas municipais da Valenzá.