Así mesmo, a Xunta reparará as beirarrúas de Marcelo Macías, Avenida de Zamora e Avenida de Bos Aires.
Á vista do estado xeral de deterioro das infraestruturas, iniciáronse este mesmo luns un conxunto de actuacións de mantemento e reparación en diversas rúas da cidade, tanto do Casco Histórico coma dos barrios e do perímetro rural que van consistir fundamentalmente en acondicionamento do enlousado, reparacións de plaquetas, bacheados, barandas de protección, etc. Estas medidas englóbanse baixo do lema “Mellorando Ourense”, tal e como explicou o concelleiro, José Araújo. No que resta de ano vaise actuar en 30 rúas, cunha inversión de 200.000 euros, e algunhas intervencións terán continuidade no 2016.
Ademáis, levaránse a cabo actuacións de calado en diversas vías do municipio que van iniciarse próximamente e cuxa execución estará rematada a finais deste ano, e que están incluidas no Plan de Investimentos. Son un total de 25 que supoñen unha inversión de algo máis de 1.300.000 euros.
Por outra banda, a Xunta de Galicia vai abordar, trala petición do Concello, a reparación das beirarrúas da rúa Marcelo Macías, Avenida de Zamora e Avenida de Bos Aires, as cales aínda son de titularidade autonómica.
Primeiras obras
Tal e como explicou o concelleiro, as primeira intervencións serán a de saneamento na interconexión entre Os Viros-A Rabaza, humanización da rúa da Murga, e reparación do enlousado de Lepanto, Paseo, José Cornide, Sampaio e Praza de Abastos.
A mediados de semana iniciaránse as obras de adecuación da rúa Tras Colexio, da rúa da Cruz (na estrada de Beiro á Cabeanca) e, posiblemente da Praza Paz Novoa e da rúa da Hermida.
“Somos coñecedores das molestias que as obras ocasionan aos cidadáns, molestias que se acentúan cando se executan varias de xeito simultáneo, polo que pedimos a éstos comprensión e desculpas. As obras que imos abordar resultan imprescindibles e non poden demorarse por condicionantes económicos e presupuestarios”, concluiu o edil.