Enrique San Francisco

O vindeiro venres 6 no Auditorio Municipal de Ourense presentará «Una noche con Enrique San Francisco».

A Fundación Galicia Obra Social (Afundación) presenta o vindeiro venres 6 de novembro en Ourense o último espectáculo do monologuista Enrique San Francisco. «Una noche con Enrique San Francisco» recolle unha selección dos mellores e máis famosos monólogos do humorista cos que leva triunfado en escenarios e programas coma El club de la comedia ou El hormiguero. Acompañado polo tamén cómico Denny Horror, Enrique San Francisco valerase da ironía máis canalla e do humor agudo e intelixente para achegarse ás situacións máis cotiás, garantindo a súa versión máis gamberra.

O espectáculo terá lugar no Auditorio Municipal de Ourense ás 22.00 h. As entradas están dispoñibles a través das canles habituais da entidade, en www.ataquilla.com ou no 902 504 500.