A instalación deportiva de Barbadás organiza este xoves un Samaín «dance» para fomentar a participación conxunta das familias.

O pavillón municipal de Barbadás, situado na Valenzá, organiza para o xoves 29 de outubro unha actividade gratuita e dirixida á práctica do deporte en combinación co aspecto lúdico.

Este Samaín deportivo inclúe actividades para os máis cativos e “dance” para as persoas adultas disfrazadas. A partir das 19:30 horas haberá hinchables, taller de maquillaxe e xogos para os menores, que poderán gozar do Samaín ata as 20:30. Dende esa hora haberá “Samaín dance” para os adultos durante unha hora máis. Como colofón da actividade ás 21:30 horas comezará a pasaxe do terror, tamén para un público adulto.

Esta actividade enmárcase nas clases gratuítas que se organizan dende o polideportivo para promocionar as instalacións.