O Concello de Barbadás celebra a festividade de Samaín cun programa lúdico de actividades que abrangue máis dunha xornada e dirixidas a todo tipo de público.
As tradicións galegas “regresan dende a noite do tempos ás rúas da Valenzá coa gran Marcha das Ánimas o día 30 a partir das 7 da tarde”. O concelleiro de Participación Cidadá, Sarín Núñez explica que “van aparecer de súpeto distintos persoaxes míticos, por exemplo a figura da morte, pantasmas, etc que se incorporarán ó longo do percorrido para xerar unha ambientación escalofriante”.
O Concello de Barbadás celebra a festividade de Samaín cun programa lúdico de actividades que abrangue máis dunha xornada e dirixidas a todo tipo de público.
Para os máis pequenoos, celebráronse ao longo da semana obradoiros temáticos organizando e preparando os recursos materiais necesarios para o grande campamento infantil do día o día 30 de outubro: “O Samáin Camp”.
Outra das actividades que se desenvolverá este venres día 30 está dirixida a rapaces de 4 a 12 anos e terá lugar entre as 9 da mañá ata as 14 horas ambientada na temática do Samáin,. Neste obradoiro haberá manualidades, talleres de maquillaxe, caracterización, actividades grupais con xogos arrepiantes, saídas á rúa, proxeccións.
A xornada lúdica terá como colofón con unha festa infantil de Samaín tamén pola mañá e “aproveitando que mañá é unha xornada non lectiva, un motivo polo que esta actividade terá unha maior repercusión”, sinala Sarín Núñez.
Pola tarde na Casa da Xuventude dende as 5 da tarde ata as 7 terá lugar un obradoiro de elaboración de cabazas para acto seguido, xa entrada a noitiña mergullarse na Marcha das Ánimas. Este desfile das ánimas fará un percorrido polas rúas máis antigas da Valenzá, coas cabazas, con disfraces, amenizado con música ténebre, un pouco de medo e moitas sorpresas máis.
Na organización e desenrolo do Samaín de Barbadás participan como actores os alumnos do obradoiro de emprego do módulo de animación sociocultural. Este alumnado ofrecerá o toque artístico cargado de sorpresas e efectos especiais. No evento colaboran tamén Protección Civil e Policía Local de Barbadás.
Na Marcha das Ánimas os menores desfilarán coas cabazas que eles mesmos elaboraron e que terán no seu interior unha vela que guiará o camiño dende as tebras. Sarín Nuñez anima á veciñanza en xeral a participar neste desfile que partirá dende o parque da Solaina ás 19 horas.
O obxectivo “é relanzar unha tradición que ten milleiros de anos na cultura popular galega. É fundamental a participación de nen@s, moz@s e adultos para recuperar unha tradición ancestral”