Os camposantos municipais abrirán de maneira ininterrompida de 9 a 19.30 horas os días 31 de outubro e 1 de novembro.
Con motivo da celebración de Todos os Santos e Fieis Difuntos, o Concello de Ourense reforza as liñas de transporte urbano con destino aos cemiterios, así como o horario de apertura dos camposantos municipais.
Así, os días 31 de outubro, 1 e 2 de novembro poranse dous autobuses con saída da Estación de Autobuses e do Vinteún en dirección ao Cemiterio de Santa Mariña, facendo parada no Cemiterio de San Francisco, co fin de reforzar o servizo actual.
Ademais, os cemiterios de Santa Mariña, San Francisco e As Caldas, permanecerán abertos en horario ininterrompido, de 09.00 a 19.30 horas, os días 31 de outubro e 1 de novembro.
Canto ás misas, en Santa Mariña haberá ás 17 horas o sábado 31, e ás 12 e ás 17 horas os días 1 e 2 de novembro. Na festividade de Todos os Santos haberá a mediodía, logo da cerimonia eucarística, unha procesión ata a “Fosa común”, onde terá lugar un acto litúrxico por todos os fieis difuntos.
A maiores, o bispo de Ourense oficiará un acto litúrxico o 1 de novembro ás 16 horas no cemiterio das Caldas e ás 17.30 horas no de San Francisco.