A dirección do complexo hospitalario insta a CESM-Omega a reconsiderar a convocatoria de folga para protexer os deretiso dos pacientes.

Os sindicatos médicos CESM e Omega convocaron novas folgas para no complexo hospitalario ourensán para os días 10, 17 e 24 de novembro. Logo do parto do 13 de outubro, as organizacións sindicais continúan coas súas reivindicacións en busca de mellorar a situación laboral e asistencial do hospital ourensán.

Pola súa banda, desde a dirección do CHUO instan aos sindicatos a reconsiderar a convocatoria de folga “para protexer os dereitos dos pacientes” pois consideran que é unha medida “claramente inxustificada e sen o apoio dos profesionais”. A Xerencia cre que non se pode xustificar unha nova convocatoria de folga “baseada nos mesmos puntos nos que se está chegando a acordos cos servizos implicado”, e afirma que mantén seu compromiso informando aos profesionais do seu grao de cumprimento dos acordos acadados.