A asociación ambientalista organiza o seminario “Natureza e literatura galega”.
A asociación medioambiental universitaria Syme convocou a terceira edición do seu concurso fotográfico, que leva por titulo “Natureza e literatura galega”, a mesma temática que abordará nun seminario, con conferencias os días 6 e 7 de novembro.
O certame fotográfico terá dúas categorías: imaxes sobre mitoloxía galega e outras sobre árbores e plantas medicinais. O prazo de recepción das fotos remata o 16 de novembro. As mellores instantáneas premiaranse cun teléfono móbil e noites de hotel.
En canto ao seminario, haberá unha conferencia sobre “De Ourense a Nova Iorque: as claves dunha boa historia” o venres ás 19 horas no centro cultural Ángel Valente e outra sobre “As sete mortes: Galicia como plató de Hollywood”, o sábado ás 11:30 horasno salón de actos do xardín botánico de Montealegre.
Previamente, o sábado 31 de outubro, de 18 a 20 horas, Syme organiza un seminario sobre plantas medicinais e aromáticas en Montealegre.