A Marcha Mundial das Mulleres vén de convocar esta manifestación, en repulsa polo asasinato dunha muller de 71 anos en Vigo.
A coordinadora comarcal de Ourense da Marcha Munidal das Mulleres vén de convocar unha concentración para este sábado 31 de outubro, ás 20 horas, fronte á Subdelegación do Goberno, en repulsta do asesinato de María José Rodrigues, unha muller de 71 anos que apareceu morta no patio de luces do seu edificio en Vigo. A investigación está en marcha, pero o seu marido é sospeitoso de arroxala dende o terceiro piso no que convivían. De confirmarse este feito, María sería a sexta vítima mortal que a violencia machista se cobra en Galicia no que vai de ano.
Por iso, a Marcha Mundial das Mulleres sae á rúa a denunciar que “María foi asasinada polo seu compañeiro sentimental pagando coa súa vida a discriminación e a desigualdade que padecemos todas”, reclaman. Así mesmo, dende este colectivo demandan “unha resposta social contundente contra a violencia machista”.