Os listados poderanse consultar ata o vindeiro luns 9 de novembro.
Esta semana ábrese o horario de consultas do censo electoral paras vindeiras Eleccións Xerais do 20 de decembro nas oficinas do Concello de Ourense, tanto na Casa Consistorial da Praza Maior como na oficina do barrio de A Ponte (Avenida de Santiago, 7). Os listados poderanse consultar ata o vindeiro luns día 9.
Na oficia na Praza Maior, pode facerse a consulta de 9 a 14 e de 17 a 19:0 horas os días laborais, e de 9 a 13 horas, sábado e domingo. Pola súa banda, a da Ponte estará aberta de 9 a 14 horas (agás sábado de domingo que estará pechada).