A cita será este xoves 5 de novembro no Teatro Principal ás 20.30 horas. Pola súa banda, o venres chega Quique San Francisco ao Auditorio.
Comeza un mes de novembro cheo de actividades na axenda cultural do Concello de Ourense. Este xoves día 5, a cidade terá a oportunidade de escoitar ao famoso cuarteto neoiorquino Brentano. Desde a súa fundación no 1992, o cuarteto Brentano foi aclamado polo público e a crítica que desatou a súa brillantez técnica, coñecemento musical e elegancia estilística. Será no Teatro Principal á partir das 20.30 horas, e as entradas xa se poden adquirir desde 5 euros.
O venres hai dúas citas importantes no Auditorio. Ás 18 horas comezará o espectáculo infantil BB Circus, dirixido a bebés, con entradas a 3 euros. E ás 22 horas será o turno de “Una noche con Quique San Francisco”. O versátil e premiado actor, presenta unha escolleita selección dos seus mellores e máis famosos monólogos cons que triunfou en escenario e programas tan emblemáticos como “El club de la comedia” ou “El hormiguero”. O prezo das entradas é de 16 euros.
O sábado 7, o Auditorio tamén será o escenario de “Un día en la ópera”, que xunta sobre o escenario catro solistas de gran proxección artística internacional e ofrece un repertorio cos mellores momentos da historia da ópera. Será ás 20.30 horas e as entradas á venda teñen un prezo de 8 euros.
Finalmente, o domingo ás 12 do mediodía, dentro da programación infantil, os cativos maiores de 5 anos poderán gozar con “A viaxe de Rosalía”.
Todas as entradas pódense adquirir en ataquilla.com ou dúas horas antes do comezo de cada espectáculo.