O sindicato instalará este 6 de novembro unha mesa na rúa do Paseo para sumar apoios e lograr esta axuda a través dunha Iniciativa Lexislativa Popular.

 

CCOO considera que a recuperación económica e a súa calidade, oficialmente tan publicitada a bombo e platillo polo Goberno, debe seguir sendo claramente cuestionada e, en consecuencia, ante a situación de precariedade social e laboral de milleiros de persoas en todo estado, está desenrolando unha campaña na que, a través dunha iniciativa lexislativa popular, esixirá xustiza social para os máis febles a través do impulso dunha renda mínima garantida en todo o Estado, “que atenda as necesidades da cidadanía e especialmente das persoas máis afectadas pola crise económica. Unha prestación de 426 euros máis un complemento por cada familiar á cargo, para as persoas en desemprego que non perciban ningún ingreso ou leven ao menos doce meses rexistrados como demandantes de emprego”.

Así, este venres 6 de novembro, a partir das 11 horas, instalarán unha mesa para recoller sinaturas diante do Centro Culbural Anxel Valente (en caso de choiva estará ubicada nas Galerías Víacambre) para poder demandar esta medida.