Un convenio de colaboración coa súa Escola Universal de Esquí levará o termalismo e a oferta turística de Ourense ata a estación andaluza.

 

A Xunta de Goberno Local (XGL) do Concello de Ourense aprobou un convenio de colaboración entre o Concello de Ourense, a través da Concellería de Turismo e Termalismo, coa Estación Universal de esquí de Sierra Nevada, por un importe de 14.000 euros en dúas anualidades.

Todo o equipamento que utilicen os usuarios destas instalacións levará o emblema “Ourense Capital Termal”. Sierra Nevada é escollida por un de cada cinco esquiadores no tráfico nacional, pero tamén europeo, e pola súa escola pasan milleiros de usuarios cada ano. Os usuarios desta

Este asunto, que foi aprobado fóra da orde do día, súmase a outro que, pola vía de urxencia, se aprobou en materia de Persoal. A proposta de acordo da concelleira de Recursos Humanos estaba baseada no acordo adoptado pola Mesa Xeral de Negociación do Concello de Ourense, de data 29 de outubro de 2015, en materia de permisos por asuntos particulares por antigüidade e días adicionais de vacacións por antigüidade. Este acordo da mesa de negociación establece que o dereito aos novos permisos terán como data límite o 30 de abril de 2016, polo que aos efectos de poder contar co maior tempo posible para que os empregados públicos do Concello con dereito a eles poidan gozar destes días, optimizando a organización dos servizos municipais. Estes novos permisos serán para asuntos particulares dous días adicionais dende o día seguinte ao de cumprimento do sexto trienio, que se incrementará nun día adicional por cada trienio cumprido a partires do oitavo. Para vacacións, con 15 anos de servizo daranse 23 días hábiles, con 20 anos de servizo 24 días hábiles, con 25 anos de servizo 25 días hábiles e con 30 ou máis anos de servizo 26 días hábiles.

No que respecta á Concellería de Sanidade, aprobáronse as bases reguladoras do I Concurso de Fotografía Concello de Ourense: Mascotas adoptadas responsablemente. A contía dos premios cos que está dotado este concurso é de 980 euros.

Tamén se aprobou o convenio de colaboración da Concellería de Xuventude do Concello de Ourense coa Asociación Xuvenil “Amencer” para a organización do Campamento Urbano. O importe deste convenio é de 8.456 euros.

En materia de Cultura, acordouse aprobar o convenio de colaboración empresarial entre o Concello de Ourense e Gas Natural, para patrocinar o XX OUFF. O importe da colaboración é de 20.000 euros, convertendo así esta edición do Festival de Cine na de maior achega de capital privado dos últimos anos.

No que respecta a Infraestruturas, procedeuse á aprobación do Plan de Seguridade e Saúde da obra de urbanización conexión Francisco Lloréns con rúa Velázquez.

Noutros asuntos de trámite, concedéronse licencias para a apertura de seis novos establecementos comerciais na cidade e deuse conta dunha reclamación patrimonial dun particular por danos ao sufrir unha caída na rúa Xoán XXIII.