Serán os venres e sábados, de 17:30 a 20:30 horas, e están pensados para nenos a partir de 3 anos.
No Centro Comercial Pontevella botan a andar o gran abano de talleres infantís que teñen preparados para este mes de novembro. Este sábado 7 a temática será castañas creativas; os días 13 e 14 tocarán peixes saltaríns; o 20 e 21, sobre 3 en raia; e o 27 e 28 de novembro, os protagonistas serán os reloxos molóns.
Unha proposta máis que divertida para que os cativos gocen da fin de semana.