O obxectivo deste novidoso programa educativo é que aprendan a manexarse coa comida lonxe do seu entorno social e familiar.

 

O Concello de Ourense mellorar os hábitos alimenticios entre os escolares de ESO e Bacharelato mediante un taller de alimentos e cociña saudable que organiza a Concellería de Educación. Este luns 9 de novembro, desenvolverase a primeira destas experiencias con 35 alumnos do IES Blanco Amor, aos que se lle irán sumando 231 máis de diferentes centros da cidade que se sumaron ao programa.

O obxectivo deste programa educativo é que os mozos, unha vez rematado o ciclo de estudos e saian do seu contorno familiar e social, ben camiño de estudos superiores ou para integrarse no mercado laboral, aprendan a preparar dun xeito doado os alimentos que lles servirán como nutrintes para o desenvolvemento mental e físico, a través dunha alimentación sana, equilibrada e con hábitos saudables e hixiénicos.

O obradoiro estará introducido por Julia de la Montaña, especialista en nutrición da Universidade de Vigo.