Súmase deste xeito á campaña de concienciación sobre unha das enfermidade de maior incidencia do mundo.

 

Mañá, sábado 14 de novembro, conmemórase en todo o mundo o Día Mundial da Diabetes. Por este motivo, o Concello de Ourense súmase a esta campaña de concienciación iluminando de cor azul o símbolo máis representativo e lugar máis emblemático da cidade: As Burgas.

O Día Mundial da Diabete (DMD) é a campaña de concienciación sobre a enfermidade máis importante do mundo. Foi instaurado pola Federación Internacional de Diabetes (FID) e a Organización Mundial da Saúde (OMS) en 1991, como resposta ao alarmante aumento dos casos de diabetes no mundo. En 2007, Nacións Unidas celebrou por primeira vez este día trala aprobación da Resolución en decembro de 2006 do Día Mundial da Diabetes, o que converteu ao xa existente Día Mundial da Diabetes nun día oficial da saúde da ONU.

O seu propósito é dar a coñecer as causas, os síntomas, o tratamento e as complicaciones asociadas á enfermidade. O Día Mundial da Diabete recórdanos que a incidencia desta grave afección atópase en aumento e continuará esta tendencia a non ser que emprendamos accións desde agora para previr este enorme crecemento.

O Día Mundial da Diabete celébrase cada ano o 14 de novembro. Escolleuse esta data sendo o aniversario de Frederick Banting quen, xunto con Charles Best, concibiu a idea que lles conduciría ao descubrimento da insulina, en outubro de 1921.