As mulleres desempregadas interesadas en emprender o seu propio negocio poden inscribirse gratuitamente no Rexistro xeral do Concello do 16 ao 25 de novembro.

O Concello de Ourense, a través das Concellerías de Promoción Económica e Asuntos Sociais e Igualdade, organiza un curso gratuito dirixido a mulleres interesadas en emprender o seu propio negocio como saída profesional exitosa.

O curso, no que colabora Executivas (Asociación de Executivas de Galicia), leva por título «Aprender a emprender: da idea á xestión do negocio». Terá unha duración de 40 horas e se impartirá, en horario
de 09.30h a 14.30h, entre os días 30 de novembro e 11 de decembro, ambos incluidos.

O prazo de inscripción para todas as mulleres interesadas comeza o luns 16 de novembro, e rematará o 25 de novembro. Para formalizar a inscrición, terán que presentar a solicitude no Rexistro Xeral do
Concello de Ourense.

O concelleiro de Promoción Económica, Jorge Pumar, recalca que esta iniciativa «é unha ferramenta máis que pon o Concello a diposición dos veciños e das veciñas para a creación do seu posto de traballo. O emprego é e seguirá sendo un dos nosos obxectivos primordiais».