Presentación de

O director Rubén Riós resalta a fortaleza e capacidade de superación das persoas con capacidades distintas mediante «Máis ca Vida» e «Vida».

O Centro Cultural José Ángel Valente acolleu, no marco do 20 OUFF, a presentación dos trailers do proxecto audiovisual «Máis ca Vida» e «Vida», do director e actor ourensán Rubén Riós. No acto, estiveron presentes, ademais do propio director, a concelleira de Cultura Belén Iglesias, César Silva, director de programación do Festival de Cine de Ourense, e os protagonistas, Óscar Rodríguez e Mónica Ferreiro.

Logo dun ano de ensaios e traballo con persoas deste colectivo con capacidades diferentes, o director percatouse das súas inmensas gañas de amosar ao mundo o que son capaces de facer. O seu espírito, forza e traballo en equipo foron o detonante para a realización de dúas grandes obras audiovisuais: «Máis ca Vida» e «Vida», un formato pioneiro que transportará ao espectador a un mundo de emocións.

Rubén Riós afirmó que «sabía que iamos crear un gran documental pero non polo meu traballo senón por todo o que aportaron as persoas con capacidades distin-tas. Un traballo en equipo que deixa patente o seu esforzo e transparencia, que son un referente para toda a sociedade»

Por outra banda, Belén Iglesias dixo que “ademais da calidade audiovisual, esta obra conta cun valor engadido impagable a prol das persoas con capacidades distintas. É preciso que a sociedade asuma que todos somos diferentes e nesa diferenza está o futuro, a base do futuro está en entender que todos somos diferentes e que podemos alcanzar os obxectivos que nos fixemos. Para iso é funda-mental a educación en valores desde idades temperás a prol la integración”

O documental «Máis ca Vida» recolle os testemuños reais do día a día que rodea ás persoas con capacidades distintas. Deste xeito, as imaxes que integran este produto audiovisual plasman os ensaios realizados de cara a rodaxe, nos que poden contemplarse os medos, alegrías, interrogantes, dificultades, fatigas… etc aos que tiveron que enfrontarse estes mozos e mozas. En definitiva, os seus sentimentos.

Unha vez coñecidas as inquedanzas dos protagonistas, o documental convértese nunha ferramenta idónea para contribuír a plasmar en papel todos os elementos necesarios para a creación das tramas do guión de «Vida», unha obra de ficción creada por e para eles.

Así, «Vida» mestura a arte, entretemento e comunicación, cunha clara mensaxe social a prol da fortaleza e superación do colectivo ao que pertencen os protagonistas. Convértese na primeira experiencia audiovisual destas persoas, que, me-diante a súa interpretación, trasladarán ao a espectador dunha maneira lúdica, positiva e realista, as diferenzas sociais existentes, invitando ao público á reflexión.

Esta obra de ficción, conta ademais cun reparto artístico excepcional, integrado por actores e actrices recoñecidos como: Javier Gutiérrez, Cristina Castaño, Mariana Carballal, Estíbaliz Veiga, María Mera ou Luis Iglesia, entre outros.