A sede da Confederación de Empresarios de Ourense acolle este mércores a inauguración da quinta edición deste curso de formación da Fundación SHE, iniciativa do prestixioso doutor, o cardiólogo Valentín Fuster.
Continuando cos obxectivos que pretende o Concello de Ourense, a través da Concellería de Educación, de achegar á sociedade medidas que faciliten a calidade de vida dos ourensáns, comeza unha nova edición do Programa de Saúde Integral Sí!, da Fundación SHE, dirixido ao profesorado da cidade.
Así, este mércores 18.00 horas, na sala Magdalena da Confederación de Empresarios de Ourense, dará comezo o IV curso de formación do Programa de Saúde Integral SÍ! da Fundación SHE, dirixido ao profesorado dos 15 centros escolares participantes.Trátase dunha iniciativa do prestixioso cardiólogo, o doutor Valentín Fuster, cuxo obxectivo é promover a saúde mediante a comunicación e a educación á poboación infantil e que se impartirá ata o 20 de abril de 2016.
Os centros que participan no programa de Saúde Integral son os seguintes: CEIP Albino Núñez, CEIP Irmáns Villar, CEIP Prácticas, CEIP Amadeo Barroso, CEIP Mestre Vide, CEIP Curros Enríquez, CEIP Manuel Luís Acuña, CPR Padre Feijoo, CPR Maristas, CPR A Purísima, CPR Divino Maestro CPR San José, CPR Franciscanas, CPR Concepción Arenal e Colexio Miraflores.