O concurso está dirixido ao alumnado de 6º de Primaria, que e poden entregar traballos ata o 1 de decembro.
O Concello de Ourense retoma a convocatoria aos escolares da cidade para que elaboren o cartel anunciador da festividade de Nadal, tal e como xa se fixera no mandato municipal comprendido entre os anos 2003-2007.
O concurso está dirixido ao alumnado de 6º de Primaria do Concello de Ourense. Cada colexio poderá presentar dous traballos, e debe facelo no Rexistro Xeral ata o 1 de decembro ás 14 horas.
Os carteis que se presenten deben ser representativos do Nadal, en formato A4 e empregando a técnica que se desexe.
As bases pódense consultar na web da Concellería de Cultura: http://www.ourensecultura.com/Avisos/detalles/48.
Postais de Nadal
Este concurso súmase ao que xa está en marcha, organizado pola Concellería de Educación dende o mes de outubro, sobre postais de Nadal, tamén dirixido aos colexios da cidade para alumnos de 3º curso de Primaria.
O prazo de recepción dos traballos tamén remata o 1 de decembro.