Esta actividade terá lugar os días 19 e 20 de novembro no salón e actos da Escola Municipal das Artes Escénicas ás 11.30 horas.

O programa educativo “Teatro, Cine e Danza na Escola”, que desenvolve o Concello de Ourense a través da Concellería de Educación, oferta un novo espectáculo teatral: “A Visita da Vella Dama”. Nesta ocasión, alumnos de Educación Secundaria de Ourense poderán disfrutar desta obra, baseada no texto de Friederich Dürrenmatt, que é un espectáculo no que o espectador asistirá a unha obra de intenso traballo actoral ao servizo dunha histroria impactante e enormemente divertida.

Ademais, despois dela terán a oportunidade de ter un coloquio co director e cos actores que contarán como o teatro cambiou as súas vidas e todas as dificultades coas que se atopan cando se suben a un escenario pero que superan con creces vendo o resultado.

A esta representación asistirán un total de 210 alumnos de ESO, Bacharelato e Formación Profesional de 5 centros de ensino da cidade (CPR A Purísima, CPI José G García, IES Otero Pedrayo, CIFP Valle Inclán e IES Universidade Laboral).