Ignacio Vilar e o seu equipo recoñecen o impacto que tivo na película o éxito acadado no Festival de Ourense o pasado ano.
Logo dos éxitos colleitados desde a súa estrea, a longametraxe «A Esmorga”, sae á venda en DVD mañá venres 20 de novembro, xusto un ano despois da súa estrea nas salas de cinema galegas. O citado DVD, inclúe contidos extras coma a posibilidade de ver o filme con comentarios do director ou unha conferencia sobre a novela de Eduardo Blanco Amor e a súa adaptación á grande pantalla, entre outros.
O director da película “A Esmorga” e os actores protagonistas pasaron pola edición 2015 do Festival de Cine de Ourense. Ignacio Vilar sinalou que “eiquí empezou todo”, referíndose a que “A Esmorga” foi estreada na sesión de inauguración do festival ourensán na edición pasada. “A Esmorga está viva, pois ainda polos cines e agora en DVD”. Tamén se amosou orgulloso de que a película “superara en permanencia na pantalla a grandes superproduccións norteamericanas e, ademáis, ainda recibe premios”, como é o caso recente de Toulouse, onde foi a gañadora ao recibir galardóns os protagonistas, a fotografía e o propio Vilar o de mellor raelizador, premio creado expresamente para el.
Pola súa banda, Miguel de Lira subliñou que esta iniciativa da edición da película en DVD supón “unha democratización” da historia baseada na grande novela de Eduardo Blanco Amor.
Firma en Ponte Vella
O seu lanzamento en DVD virá arroupado por un acto de sinatura de exemplares no centro comercial Ponte Vella co director Ignacio Vilar e os protagonistas por Miguel de Lira, Karra Elejalde e Antonio Durán “Morris”, o propio vernes de 19:30 a 21:00 horas en Pranta Baixa. Ademais, no centro comercial estará á venda en Librería Aldova e Bermello.