Co acendido do alumeado de Nadal o próximo venres 27 de novembro, o Concello de Ourense dará o pistoletazo de saída á programación navideña.
Baixo o lema “Ourense con luz propia”, o Concello de Ourense organiza este Nadal máis de cen actividades para todos os públicos organizadas co obxectivo de dinamizar o comercio local na campaña máis importante do ano, atraer visitantes á nosa cidade, e facilitar a conciliación familiar nestas datas. “Queremos que toda a cidade viva o ambiente de Nadal e facer de Ourense a capital do Nadal de Galicia”, apuntaba o alcalde, Jesús Vázquez, durante a presentación do programa.
Este ano haberá varias novidades na programación. Unha das máis vistosas serán as proxeccións navideñas na fachada da casa consistorial, os días 11 e 26 de decembro e 2 de xaneiro. Ademais, na praza do Bispo Cesáreo instalarse un mercadiño de produtos de Nadal, “O poboado de Laponia”, entre o 18 de decembro e o 6 de xaneiro.
O compromiso co comercio local é un dos grandes eixos desta campaña. Bolsas con estrelas iluminarán o Nadal da nosa cidade. Estrelas que os cativos poderán pegar no tren que percorrerá os barrios, co fin de facer chegar o espírito de Nadal. Haberá campañas en redes sociais para animar á participación, e mediante un código QR calquera persoa poderá descargarse toda a programación de Nadal no seu móvil. Para animar as compras, a iluminación permanecerá acesa de 18 a 22 horas os días laborales e ata as 2 da mañá as fins de semana, ata o 6 de xaneiro.
A inauguración do Nadal, como tal, será o 11 de decembro coa apertura do Belén de Arturo Baltar, “unha das xoias da nosa cidade, algo que complementaremos con ambientación musical a cargo do Coro Infantil da Escola de Música de Barbadás, que interpretarán panxoliñas”, adiantou o rexedor. E é que a música, será unha parte fundamental do Nadal en Ourense: haberá ata 20 concertos, incluíndo un festival xuvenil esta fin de semana (27e 28 de novembro) no Espazo Lusquioñs, un Festival de Panxoliñas organizado polo CCA Couto Centro o 22 de decembro, e a verbena de fin de ano na praza Maior.
Actividades infantís
O Concello organizará unha morea de actividades infantís en horario de mañá e tarde en diferentes espazos da cidade, como as bibliotecas municipais da Ponte, San Francisco e A Carballeira, a Aula de Natureza de Oira, o Espazo Coeduca do Couto, o Espazo Lusquiños, o centro Ángel Valente e os centros cívicos. A idea é que “os pais e nais poidan deixar os rapaces entretidos mentres fan as compras”, explicaba o alcalde. “Teatro, contacontos, obradoiros de xoguetes, monicreques… un sinfín de actividades para que os máis cativos disfruten aprendendo, e coa oportunidade de ter videoconferencias co mesmísimo Papá Noel, durante as mañás, na Aula CeMIT do Concello da rúa Progreso”, apuntaba Jesús Vázquez.
O deporte tamén estará moi presente, con ata 6 torneos de nadal, o «Hai que mollarse» na piscina dos Remedios e a tradicional cita con Megaxove, con actividades conxuntas de Xuventude. Haberá tamén un Rali Solidario organizado polo Centro Comercial Aberto Centro.
Solidariedade
“Ourense con luz propia” está pensada para todos, e sobre todo para os que precisan dunha maior atención. Por iso, tamén haberá espazo para a solidariedade: campañas de recollida de alimentos, de xoguetes e festivais solidarios. Un día da recadación da MOTI será adicado a fins sociais, e incluso un dos seus espectáculos terá como requisito a doazón de xoguetes novos. Tamén haberá un torneo solidario de Escalextric.
O rexedor destacaba que o orzamento deste programa de Nadal “é a suma de distintas áreas, é bastante modesto para a contía do que se leva a cabo”. Nas vindeiras semanas iranse incorporando novidades a esta programación.
Consulta o programa de Nadal en pdf.