Esta obra marca en cada verso a transición dunha moza cativa a unha muller empoderada.
O Auditorio Municipal acolleu este venres a presentación da obra de Tamila Alem, “Darling Bolboreta”. Trátase do primeiro traballo desta ourensá, nada en 1994, que desde moi nova xa mostrou interese pola literatura e a poesía en particular. A actividade contou cunha actuación musical, con acordeonista, guitarrista e ás voces de Baldomero Pavón.
“Darling Bolboreta” recolle historias centradas nunha poesía social e intimista desde a óptica que racha co tradicional modelo reservado ao prototipo ideal de muller na sociedade. Ademais, tamén nos convida a perseguir os nosos soños sobre todo en momentos nos que as circunstancias non nos son de todo favorables. En total son 68 poemas que teñen moito de autobiográfico e da propia historia vivida por Tamila. A escritura canalizou a súa experiencia vital, e agora temos a oportunidade de vela plasmada nun libro.
A idea do poemario cobrou forza neste último ano, a través da boa acollida que tiñan xa as súas creacións no blogue que ela mesmo xestiona desde fai un tempo.
Máis info en: http://darlingbolboretas.blogspot.com.es/.