O condutor do vehículo, un mozo de 19 anos, quedou detido.
Un veciño de Verín de 69 anos faleceu este mediodía no barrio da Ponte, arrolado por un vehículo que invadiu a beirarrúa e foi bater co banco no que se atopa sentado. Os sanitarios intentaron reanimalo no lugar, sen poder facer nada por salvar a súa vida. A súa muller, que estaba sentada ao carón del, resultou ferida leve, e foi trasladada ao complexo hospitalario.
A Policía Local informou de que está a investigar as causas do accidente. Segundo os primeiros indicios unha condución neglixente e posiblemente temeraría podería ser a orixe de que un Seat Leon que circulaba pola rúa Eulogio Gómez Franqueira, en sentido centro da cidade, perderá o control ao rebasar a máquina de tren, saíndo da calzada pola marxe dereita e invandindo a beirarrúa, atropelando ao matrimonio, que estaba sentado nun banco próximo á parada do autobús.
O condutor do turismo, un mozo de 19 anos que era novel, foi detido.