Será esta sábado a partir das 17 horas, organizado pola Plataforma en Defensa da Casa da Xuventude.

 

Dentro do ciclo de actividades reivindicativas, coas que pretenden visibilizar «a problemática existente co actual modelo de xestión, a Plataforma en Defensa da Casa da Xuventude organiza esta sábado un festival, de 17 a 20 horas,  no patio cuberto do IES As Lagoas, no que participarán bandas que estvieron vencelladas con esta instalación, así como formacións integradas por xente moza.

Así, os asistentes poderán gozar das actuacións de Chaos of  Silence, Roswell, Ni idea de quién, Cosecha Roja, Os Carallos de Ourense, Sin Motivo e The One Wild Rides, que disporán de aproximadamente media hora por grupo.

A entrada será de balde para que poidan asistir pequenos e maiores.

Con esta actividade pretenden, segundo explican dende a Plataforma, non só reivindicar “aquelas actividades que se realizaban na Casa da Xuventude e que xa non se realizan”, senón tamén amosar o resultado do modelo de xestión vixente ata o 2011, “que deu a Ourense moitos grupos musicais, de teatro, debuxantes e un longo etcétera, moitos dos cales continúan con estas actividades a nivel profesional”.

Destacan, ademais, que o éxito se debía ao fomento do asociacionismo e á participación directa da mocidade. En concordancia, promoven esta dinámica conformando un grupo de coordinación integrado por alumnas e alumnos do IES As Lagoas, “para que coñezan o que lles pode aportar un espazo co que agora non contan”.