O proxecto de intermodal busca achegar a estación de autobuses ao centro e facilitar o intercambio de viaxeiros entre modos de transporte.

 

Nove empresas presentaron as súas ofertas para a elaboración do proxecto básico e de execución da terminal de autobuses integrada na estación intermodal de Ourense, por un importe de preto de 148.000 euros. Estas entidades terán un prazo de tres meses para o proxecto básico e de seis meses para o total do proxecto construtivo, a contar desde a sinatura do contrato.

O proxecto de intermodal para Ourense supón achegar a estación de autobuses a unha ubicación máis céntrica (a contorna da estación de ferrocarril) e facilitar o intercambio de viaxeiros entre modos de transporte. As actuacións integrais no eido da intermodalidade inclúen actuacións de adaptación de andéns e de conexión entre barrios a ambos lados das vías ferroviarias por parte do Adif.

A nova de estación de autobuses situaríase xunto á estación ferroviaria e detrás do centro de saúde. Segundo a análise dos estudos previos realizados pola Xunta de Galicia para avanzar na estación intermodal, a terminal de autobuses deberá contar con 19 dársenas. Ademais, construirase un edificio terminal duns 430 m2 e a superficie total chegará a 5.800 metros cadrados. Tanto a terminal como as dársenas se construirían ao nivel da rúa.

A Xunta de Galicia deberá redactar en 2016 o proxecto básico e de execución, incluíndo a reposición en superficie do aparcadoiro de turismos. Tamén lle corresponderá executar e financiar con cargo as obras da nova estación incluíndo o aparcadoiro en superficie. As actuacións integrais no eido da intermodalidade en Ourense inclúen actuacións por parte do ADIF de adaptación de andéns e de conexión entre barrios a ambos lados das vías ferroviarias.

O Goberno galego realizou recentemente estudos de tráfico para avanzar na integración da terminal de autobuses na nova estación intermodal de Ourense.