A asociación veciñal dirixirase por escrito ao Concello de Ourense e á Xunta de Galicia para recabar información.
As arredor de mil persoas que residen nas vivendas sociais situadas ao lado da estación de buses veranse directamente afectadas polo futuro do soar, unha vez que a terminal se traslade ao contorno da estación de ferrocarril.
Existe dúbidas sobre as últimas informacións publicadas nos medios nas que por parte da Xunta non se aclara o futuro do soar onde se sitúa a actual estación de buses, e o das tres liñas de bus urbano que alí teñen parada.
A Asociación Veciñal As Termas pedirá por escrito a Xunta e Concello información sobre o futuro do solar onde actualmente se sitúan os buses. Un proxecto, do que xa hai anos se viña falando, que nas últimas semanas apareceu de novo nos medios de comunicación facéndose eco dos avances no mesmo que anuncia a Xunta.
Dende a Asociación Veciñal As Termas afirman que “as veciñas e veciños do barrio están preocupadas ante as informacións que aparecen nos medios nas que por parte da Xunta e Concello non se aclara que usos se lle dará aos terreos da actual Estación nin e que pasará coas tres liñas ( 6A, 6B e 12) que alí teñen parada.Unhas liñas de autobús urbano que non só dan uso a viaxeiros senón que son usadas a diario polas arredor de mil persoas que residen nas Vivendas Sociais e tamén por veciños doutras zonas da cidade que as usan para acudir a zona termal do Tinteiro e coñecida popularmente como pista roxa”.
Por ese motivo, As Termas pedirá por rexistro, ante a Xunta e Concello, información sobre os futuros usos da parcela así como o das liñas de bus urbano que alí teñen parada.