O grupo municipal formalizou a súa autorización ante a Secretaría Xeral do Pleno «en aras dunha maior transparencia institucional».
O pasado 26 de xaneiro celebrouse xunta de voceiros no Concello de Ourense na que se propuxo estender a publicación da declaración de bens dos concelleiros á totalidade do ano en lugar dos 15 días que establece obrigatoriamente a Lei de Transparencia. Nela, o voceiro socialista, Vázquez Barquero, anunciou o seu respaldo á iniciativa e o traslado da mesma de xeito individual aos restantes membros do seu grupo municipal para a toma de decisións.
Finalmente este 3 de febreiro todos os membros do grupo socialista formalizaron a súa autorización perante a Secretaría Xeral do Pleno para que as súas declaracións sexan accesibles a toda a cidadanía durante os 365 días do ano a través da web do Concello en aras dun maior compromiso na transparencia institucional por parte dos cargos públicos.