Segunda xornada en Xantar 2016

A segunda xornada da feira estivo adicada á provincia da Coruña, a Parada de Sil, a Porto e Norte e a Vila Real.

A segunda xornada de Xantar 2016 estivo protagonizada pola presenza de máis de 40 confradías gastronómicas e enófilas procedentes de distintas partes de España, Portugal e Francia que converteron un ano máis a este encontro no segundo máis participativo do mundo en canto a entidades representadas. O acto central do día estivo dedicado, ademáis de ás confradías, á Deputación Provincial de A Coruña, ao Concello de Parada de Sil, a Entidade de Turismo Porto e Norte e á Cámara Municipal de Vila Real. Contou coa participación da delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Mouteira, do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, da vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, da alcaldesa de Parada de Sil, Yolanda Jácome, da concelleira de Turismo de Ourense, Isabel Castelo, e dos representantes de Porto e Norte, Carlos Ferreira, e da Cámara Municipal de Vila Real, José María Magalhaes.

Sobre o 12º Encontro Internacional de Confradías Gastronómicas e Enófilas, a delegada territorial destacou que “actos como este de hoxe axúdanos a que a sociedade coñeza máis de preto o movemento cofrádico e que comprendan que non só se trata de divulgar as cualidades culinarias de determinado produtos, senón que a creación dunha confradía está sempre relacionada coa dianmización da economía local e a promoción do territorio. Encontros coma este que hoxe celebramos demostran que cada vez somos máis os que defendemos a gastronomía autóctona e de calidade que é ademqais, unha das máximas potencialidades turísticas tanto de España como de Portugal”. Unha mostra disto foi o feito de que o presidente de honra deste encontro fose Francisco López, presidente do Clúster de Turismo de Galicia e membro da directiva da Confradía do Centolo Larpeiro de O Grove.

Dentro das actividades desta segunda xornada de Xantar destacaron as organizadas polos distintos concellos da provincia da Coruña que, amparados pola Deputación, realizaron exhibicións dos seus produtos máis tradicionais como o «Bolo “o Pote” de Mazaricos ou os peixes e mariscos de Arousa Norte. Pola súa parte, Parada de Sil, denominado pola Xunta coma “Concello de Interese Turístico”, aproveitou a súa presenza en Xantar para presentar a Casa Museo do Chocolate de Teimende, o único museo adicado a este produto en Galicia.

Pola tarde celebrouse o III Encontro de Bloggers Gastronómicos no que participan unha quincena de blogueiros de Galicia e Portugal e, e xa pola noite, homenaxéase ao presidente da Federación de Comercio de Pontevedra, Antonio Reguera, e entrégase unha nova edición dos Platos de Oro de Radioturismo a restaurantes e casas de turismo rural das provincias de Lugo e Ourense e de Medallas de Oro a distintos profesionais da gastronomía, o turismo e a hostalaría. Os Platos de Oro 2016 distinguen a, entre outros, os restaurantes ourensáns Pingallo e Pazo de Canedo, e á casa rural Rectoral de Candás de Rairiz de Veiga.

Programa do venres

Na terceira xornada de Xantar 2016 prosegue o 11º Encontro Internacional sobre dieta e saúde. O venres será, ademais, o día dedicado ao mar, ás Terras do Avia, ao Concello de Vila de Cruces e as cámaras municipais de Ponte de Lima, Braga, Montealegre e Ponte da Barca, a Freguesía de Freamunde e a noite da xuventude. Ao longo de todo o día seguirán os showcookings, as catas e as degustacións en diferentes stands do recinto feiral.