Democracia Ourensana solicitou a convocatoria dun pleno extraordinario para debater a reprobación de Jesús Vázquez.
O luns 8 de febreiro, ás 9 da mañá, terá lugar o pleno extraordinario no Concello de Ourense a petición de Democracia Ourensana cun único punto na orde do día: someter a votación a reprobación do alcalde, o popular Jesús Vázquez.
Democracia Ourensana considera que “existen motivos más que suficientes para ello”. Así, opinan que Vázquez “desprecia” aos integrantes da oposición ao non cumplir os acordos plenarios. Ademais, e malia que o PP “fustigase al anterior grupo de gobierno en el previo mandato por no presentar los presupuestos anuales en tiempo y forma, en su primera oportunidad, este alcalde-propaganda hace exactamente lo mismo”. E como terceiro motivo, os de Jácome aducen que Vázquez Abad desaproveitou “una oportunidad histórica de conseguir recursos para Ourense”, pois “ha sido totalmente incapaz de conseguir inversiones para la ciudad que paliasen la discriminación histórica”, aínda que en campaña “ se jactaba y usaba como gancho electoral, la existencia de si él gobernaba de cuatro ‘gobiernos amigos’, con el PP gobernando en la Deputación, en la Xunta y en el Parlamento español”.
De prosperar esta reprobación, o popular convertiríase no segundo rexedor reprobado na historia da cidade, tras o socialista Agustín Fernández en xuño de 2013. “Un ‘título honorífico’ que bajaría los humos a un engreído alcalde en minoría”, afirman desde DO.
Os de Gonzalo Jácome ven este pleno como a antela doutros movementos “ ya vinculantes, y que podrían librar a Ourense de esta lacra de alcalde-propaganda”, en clara referencia a unha moción de censura.
Resposta do alcalde
O alcalde, que comparecía ante os medios pouco despois de que DO presentase a solicitude do pleno extraordinario, non quixo valorar as motivacións desta solicitude. “Todos quedamos retratados en base as nosas actuacións , as nosas propostas e as nosas verbas”, afirmou, para a renglón seguido, facer unha enumeración dos investimentos conseguidos nestes meses de goberno e adiantar que o luns achegará datos do grao de cumprimento das mocións.
En todo caso, dixo, é a cidade a que “ten a última palabra” e engadiu que “ata o último momento, sexa o luns, o martes, dentro dun ano ou dentro de tres anos eu traballarei por esta cidade, con honestidade, con coherencia”.
Ante unha posible moción de censura, Jesús Vázquez asegurou que “se mañá teño que deixar de ser alcalde será un placer ter servido a esta cidade e seguirei loitando por esta cidade, pero son eles os que teñen que dar o paso”.
Valoración de Ourense en Común
Desde Ourense en Común vén na petición de Democracia Ourensana un intento de antepoñer o beneficio partidista ás necesidades dos veciños. “Todas as críticas vertidas ata o momento pretenden crear un contexto de ingobernabilidade e responden a mesma estratexia política que só pretende xerar un contexto apropiado para unha moción de censura que permita a G.P. Jácome ser alcalde, único interese e fin último destas iniciativas”, apuntaron nun comunicado.