500 participantes non quixeron perderse esta edición.

O domingo 13 de marzo a ribeira do Miño, ao seu paso pola cidade das Burgas, acolleu a segunda edición do «Miño Radikal». Nesta ocasión, esta carreira de obstáculos, contou con 500 participantes e estreouse a «Mini Miño Radikal».

Este ano a distancia da proba eran 12,700  quilómetros -o que equivale a todo o paseo peonil-.

En categoría masculino, Daniel Pérez Lorenzo foi o máis rápido en completar o percorrido e superar todos os obstáculos; o seu tempo foi de 50 minutos e 54 segundos. O segundo en chegar a meta foi Albino Fernández García (51:17). O  podio completouno Castor Salgado Rodríguez (52:09).

En canto á categoría feminina, María Ferreiro Pérez foi a mellor; unha, un minuto e 45 segundos foi o seu tempo. Sonia Álvarez González foi a segunda (1:05:27) e Jacqueline González Vázquez foi a terceira (1:10:04).

Mini Miño Radikal
As novidades máis salientables deste ano foron as carreiras para escolares. Dúas quendas, unha para os nados entre 2005 e 2009 e outra para os que naceran entre 1998 e 2004, foron do máis aplaudido polos asistentes.

As dúas carreiras escolares non foron competitivas polo que non houbo un gañadores. Todos gozaron dunha proba orixinal qie deixou moi boa impresión entre asistentes e participantes. Moitos xa agardan á edición do ano que vén.