Na xuntanza, que se adiantou á xornada do mércores, analizáronse un total de 17 asuntos a proposta das diferentes áreas municipais.

A Xunta de Goberno local vén de dar un novo paso adiante para a construción da Variante Norte. Unha obra pendente dende hai moitos anos e que nas xuntanzas mantidas coa ministra de Fomento, Ana Pastor, o Goberno municipal obtivo o compromiso de que recibirá un impulso definitivo, comezando coa súa primera fase, explicou o alcalde na rolda de prensa trala Xunta de Goberno, celebrada esta semana en mércores por ser o xoves -o seu día habitual- non laborable.

Concretamente, atópase en fase de información pública o expediente do proxececto de construcción: Variante de Ourense, no tramo comprendido entre o Enlace de Eirasvedras coa N-120 no punto kilométrico 573 e o Enlace de Quintela coa N-120 no punto kilométrico 572,000.

Nesta sesión da Xunta de Goberno Local tomouse coñecemento dos informes realizados polos arquitectos municipais e pola empresa redactora do novo PXOM  ao respecto deste expediente. Este acordo e os informes que o integran remitiranse ao Ministerio de Fomento Demarcación de Estradas aos efectos oportunos.

O rexedor destacou que o Goberno municipal segue así traballando por unha obra «dobremente estratéxica». «Suporá unha sustancial mellora de infraestruturas viarias para a mellora da mobilidade urbana e que cuxa execución permitirá, lembremos, acometer ese proxecto tan demandado e tan importante para a nosa cidade como é o bulevar termal», apuntou.